La Cuba bibliográfica actual.

Víctor L. Villarabid

Somos de los que no conocemos en directo el estado actual de la sociedad cubana, no hemos tenido la suerte de viajar a esa isla, pero a pesar de ello siempre nos interesó mucho el tema de Cuba.
Como quiera que sobre el debate de la situación de cuba y los cubanos no hay termino medio, prácticamente, todas las opiniones son extremas, al encontrarnos con determinados comentarios, solemos aprovecharlos.

El amigo Víctor F. Freixanes, a quien consideramos persona bastante objetiva y que además acaba de visitar la isla, acaba de publicar en su espacio ‘Vento nas velas’ de la Voz de Galicia, bajo el titulo ‘Tertulia na Habana Vella’, nos parece muy oportuno el transcribirlo para nuestra WEB de ‘Fidel Castro y sus Raices Gallegas’.

‘Dous cubanos (un profesor da universidade e un fotoxornalista), un correspondente internacional de prensa e dous galegos. A pregunta de fondo está en todas partes, mesmo dende bastante antes do recente anuncio de Fidel Castro de non presentarse á reelección á Presidencia do Consello de Estado. ¿Que clase de transición lle agarda a Cuba (se é que se pode falar de transición) logo da desaparición do comandante? ¿Que tipo de saída política pode deseñar o réxime para os próximos anos? ¿Ata onde se pode aturar a situación actual? «Resistimos durante todo este tempo e podemos seguir resistindo», escoita un ás veces. Pero é unha expresión retórica. Ningún cubano cre nela. Nin sequera os que están no Goberno.
Os mestres e os médicos teñen sona de seren os mellor preparados da América Latina. Pero non hai lapis nas escolas, escasea o papel e faltan as medicinas. A alfabetización da sociedade é das máis altas do mundo (por riba do 97%, segundo datos da Unesco), cunha escola universal e gratuíta, e atención moi esmerada á infancia. Pero apenas hai libros e os poucos que hai veñen de Colombia. O día da morte de Lilia Esteban, viúva de Alejo Carpentier, considerado na retórica da Revolución coma unha das grandes figuras das letras cubanas, non había posibilidade de atopar texto ningún do autor de El siglo de las luces nas librerías. Nas librerías de vello si, a prezos de turista, imposibles para os cubanos.’
A atención sanitaria tamén é universal, conquista obxectiva da Revolución. Pero os que poden e teñen amigos piden medicamentos fóra, e a economía oculta é a práctica dominante. «Cada cubano é unha calculadora», explican os nosos amigos. «En décimas de segundo pasamos de pesos nacionais a pesos convertibles, de pesos convertibles (antes) a pesetas, de pesetas a dólares, agora a euros. Todas as transaccións fanse así». A illa semella un paraíso. Pero as políticas agrarias e o monocultivo acabaron esgotando a terra, e os campesiños non queren producir aos prezos que impón o Goberno. Teoricamente, todos os cidadáns teñen ingresos (ocupación plena). Pero a cultura laboral non existe, a produción é mínima, a burocratización absoluta e todo o mundo traballa na segunda economía. No interior das antigas mansións respírase a miseria, e o paseo do Malecón está inzado de «jineteras».
O que un día foi referencia de liberdade contra o Imperio, hoxe é un profundo desencanto, metido nunha calella de difícil saída. «A transición española podería ser un bo referente», apunta o profesor da universidade, que gaña 14 pesos convertibles ao mes (cando polo paseo dunha hora nun coche de cabalos o condutor, funcionario do Estado, pide 30 baixo corda). «Unha transición onde todos poidamos ceder algo, para construír unha autoestrada común», insiste. Mais ¿onde están os interlocutores?

No hay comentarios:

© Del material fotográfico. Victor L. Villarabid.